Fieis aos postulados do Código Ético polo que esta organización se guía, e dando cumprimento ás esixencias de transparencia, facemos públicos os datos relativos aos ingresos e gastos que dispoñemos.

Así mesmo, reiteramos o noso compromiso de renunciar aos créditos bancarios mais ás aportacións de particulares que comprometan a independencia política da candidatura.

Se queres colaborar ou facer unha achega económica non dubides en poñerte en contacto con nós dende a sección Participa deste web ou no correo electrónico xuntosporaspontes@gmail.com. As aportacións son voluntarias e poden ser polo importe que se desexe, se ben se estableceron cotas mensuais de 10 euros para todas aquelas que queiran participar dun xeito máis continuado.

En Xunt@s por As Pontes apostamos pola transparencia, polo efectivo cumprimento do voso dereito de acceso á información, facilitándovos o coñecemento de primeira man sobor de cáles son os nosos ingresos e cómo os xestionamos.

Exercizo Fiscal 2016

https://magic.piktochart.com/output/21291156-contas-2016

Exercizo Fiscal 2015

https://magic.piktochart.com/output/21288757-contas-2015

Campaña Electoral Municipais 2015

Balance de ingresos e gastos da campaña electoral nas Municipais 2015

Balance de ingresos e gastos da campaña electoral nas Municipais 2015


Declaración de bens

Asemade compartimos a declaración dos bens dos nosos Concelleiros: