PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Dotar ó Concello dun REGULAMENTO DE PARTCIPACIÓN CIDADÁ que fomente o acceso electrónico e dixital dos cidadáns ós servizos públicos, fomentando unha maior participación da Comunidade na vida municipal.

Impulsar o USO DA PÁXINA WEB DO CONCELLO DE AS PONTES COMO MEDIO DE DIFUSIÓN DAS DISTINTAS ACCIÓNS LEVADAS A CABO POLO GOBERNO MUNICIPAL, así como a realización de trámites burocráticos, buscando ofrecer unha pronta resposta ás demandas e necesidades da Cidadanía.

Abrir CANLES PERMANENTES DE PARTICIPACIÓN SOCIAL NA POLÍTICA MUNICIPAL, garantir a asistencia pública ós Plenos Municipais, a difusión das Actas dos Plenos Municipais e da Información Municipal e o acceso ós procesos administrativos. Asimesmo, dar a coñecer a data e hora dos Plenos Municipais e acondicionar o Salón de Plenos.

Posibilitar a participación cidadá no deseño orzamentario municipal a través da xeralización dos ORZAMENTOS PARTCIPATIVOS. A Cidadanía poderá regular determinadas inversións en servizos e infraestructuras, sempre en defensa do bén común. Promover a participación da Sociedade en determinados proxectos urbanísticos, especialmente naqueles que conleven maior sensibilidade por parte da Comunidade.

Regular a forma na que un determinado grupo de vecinos do Concello pode PRESENTAR E DEFENDER UNHA INICIATIVA POPULAR e que, obrigatoriamente, teña que ser discutida no Pleno Municipal.

Apoiar ás diferentes asociacións e agrupacións locais que contribúan á COHESIÓN CULTURAL E SOCIAL da vila e das parroquias e ás melloras na vida do Concello de As Pontes.

APOIAR A TODO O COLECTIVO FEMININO QUE HABITA AS DIFERENTES PARROQUIAS DO CONCELLO DE AS PONTES, mediante a promoción e realización de actividades que lles proporcionen unha mellora nos seus coñecementos e nas súas relacións persoais. Promover a creación dunha Asociación de ámbito municipal, que lles de soporte, que as apoie e que incentive a cooperación entre todas.

Impulsar a cooperación con diferentes ONG e asociacións, agrupacións, axencias ou colectivos que promovan accións sociais e de amparo a sectores sociais desfavorecidos. FOMENTAR O ESPÍRITO SOLIDARIO, CREATIVO, CRÍTICO E RESPONSABLE.

Promoveremos o voluntariado en actividades coma a colaboración nos eventos deportivos e culturais, así como na axuda aos colectivos máis desfavorecidos.

Fomentar a EXPOSICIÓN PÚBLICA DAS ACTIVIDADES DOS MEMBROS DA CORPORACIÓN MUNICIPAL, mediante debates organizados na radio e televisión locais de forma frecuente, así como a celebración de Plenos Municipais en grandes espazos cada seis meses.

TRANSPARENCIA E LOITA CONTRA A CORRUPCIÓN

Facer públicas as declaracións, unha vez ó ano, de TÓDOLOS BENS, INGRESOS, PATRIMONIOS E ACTIVIDADES dos Concelleiros electos na Corporación Municipal.

Promover a a celebración dos Plenos Municipais en horarios e datas adecuadas para a MÁXIMA PARTICIPACIÓN DA CIDADANÍA. Ademais, os Plenos Municipais serán grabados en video e difundidas a través da páxina web do Concello de As Pontes.

EXPOSICIÓN PÚBLICA DAS ACTAS (PLENOS MUNICIPAIS E XUNTAS DE GOBERNO), así como orzamentos, ordenanzas e normativas, concursos públicos, licitacións e todo aquel documento de carácter público.

Promoción da DIFUSIÓN DE DATOS DE INTERESE para a Cidadanía, relacionados coa actividade do Concello de As Pontes, Corporación Municipal e o Goberno Municipal, a través das diferentes canles (físico e dixital).