Dende Xunt@s por As Pontes sabemos que a creación de emprego é unha das maiores preocupacións dos ponteses e pontesas. Non queremos ser demagóxicos e vender que poderemos solucionar os problemas aos que nos enfrontamos dun modo inmediato. O que temos claro é que non se pode ocultar a realidade e hai que poñer en marcha medidas reais.

  • Impulsar iniciativas para o desenvolvemento de proxectos e instalacións necesarias para o cultivo, procesamento, envasado e venda de productos de orixe local, xestionando marcas ou denominacións de calidade.
  • Potenciar os sectores primarios fomentando a I+D+I como xerador de novo emprego no concello.
  • Favorecer o espírito emprendedor e a actividade empresarial das mulleres; e consolidar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral, apoiando medidas privadas e públicas que faciliten o acceso das mulleres a empregos de calidade e a súa estabilidade e desenvolvemento profesional.
  • Creación dunha Axencia de Desenvolvemento Local, dotada de recursos humanos e técnicos na que se centralicen as acción encamiñadas ao fomento do emprego, asesoramento empresarial e apoio económico a novas actividades. Entre as súas primeiras accións estarían:
    • Elaboración dun plan de emprego no que se concreten medidas reais para a promoción do emprego local, tanto dende o concello e outras administracións públicas, como no sector privado.
    • Realizar un estudo pormenorizado da situación dos terreos e naves dos polígonos industriais. Aqueles terreos que non foron usados polo propietarios serán solicitados para que revirtan novamente ao concello ou a outras administracións implicadas. Xestionar coas empresas propietarias das naves sen uso a súa cesión, aluguer ou venda ao concello.
    • Creación dunha central de compras na que poderá inscribirse o pequeno comercio, divido por sectores, para reducir o custe de aprovisionamento. O concello ofrecerá asesoría na agrupación das distintas empresas e autónomos, na configuración da central de compras e na implantación.
    • Promover o financiamento de proxectos mediante micro-créditos, ben directamente dende o concello ben conveniando con entidades de Banca Ética.
    • Promocionar e desenvolver novos proxectos nas zonas rurais cun impulso das cooperativas para explotacións agrarias, gandeiras e forestais.
    • Coordinación con outras administración e organismos.
  • Replantexar as festas e feiras como eventos máis participativos e dinamizadores da economía local e nos que se pomocionen os productos locais pero tamén as obras de artistas de todos os ámbitos e estilos.
  • Desenvolver conxuntamente cos propietarios/as de terreos forestais un plan de cooperación para a plantación común e sostible de cara á explotación económica dos terreos.
  • Promoción dos espazos naturais dentro da Rede Natura ou doutras figuras de protección, xestionando a elaboración de rpteiros e a apertura de establecementos orientados ao turismo na zona, sempre respectando o medio ambiente e os costumes e tradicións locais.
  • Establecer liñas de axudas en ámbitos como a formación, o respecto medioambiental, a igualdade de salario entre homes e mulleres para aquelas empresas que contraten persoal da bolsa de emprego do concello.
  • Solicitar á Xunta de Galicia a concesión dun obradoiro de emprego que sirva para formar aos nosos vecinos e veciñas en perfís profesionais determinados e ao mesmo tempo lles permita recibir un salario. De non conseguir axuda por parte da Xunta, levaríamolo adiante con recursos propios do concello.
  • Realizar, en colaboración con outras administracións e organismos, un control das condicións laborais dos empregados/as das empresas do concello