Novas

xuntos_aspontes

Xunt@s por As Pontes alerta do deterioro da atención sanitaria na nosa vila

By | Novas, Sanidade | No Comments

Nos últimos días varias veciñas da vila achegáronse ata esta plataforma para advertir de que o centro de saúde non está a funcionar do xeito habitual (problema que se ven agravando nos últimos tempos). Denuncian que non se están cubrindo as vacacións nin as baixas dos médicos e que as citas para consulta se están poñendo con prazos que rondan os 15 días de agarda. Leer máis

xuntos_aspontes

Pleno ordinario do mes de xullo

By | Mocións, Pleno Municipal, Transparencia | No Comments

Cumprindo co deber de transparencia que temos asumido, e dado que dende o Concello non se publican os videos dos plenos na páxina web nin se suben a Internet para facilitar o seu visionado por toda a veciñanza, compartimos o Pleno Ordinario do mes de xullo de 2017.

Xunt@s por As Pontes presentou unha moción para a adhesión do Concello á campaña “EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA”, iniciada por Compostela Aberta en Santiago no 2015  co ánimo de promover e facer visible o rexeitamento da veciñanza ante calquera tipo de violencia contra as mulleres. A moción, que pode consultarse aquí, foi aprobada por unanimidade. Leer máis

xuntos_aspontes

Pleno Ordinario do mes de maio

By | Mocións, Pleno Municipal, Vídeos | No Comments

Cumprindo co noso compromiso de transparencia, compartimos o Pleno Ordinario do 3 de maio de 2017, no que se aprobou a derrogación do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana e a modificación puntual das Normas Subsidiarias do Concello de As Pontes respecto a:

  • usos de quinteiro pechado e bloque lineal,
  • Avenida da Habana nº 129-137,
  • rúa Juan Antonio Suanzes.

Xunt@s por As Pontes presentou unha moción en defensa da autonomía local e da posibilidade de remunicipalizar servizos públicos, que pode consultarse aquí. A moción resultou aprobada con un texto engadido do BNG, ainda que co voto en contra do PP. Leer máis

012

Xunt@s por As Pontes e Libera denuncian a instalación dun circo con animais na nosa vila

By | Circos con animais, Novas | No Comments

Esta fin de semana instalouse no noso municipio un espectáculo circense que ofreceu varias funcións empregando os animais como reclamo. Entre eles, cóntanse dous dromedarios, unha chama e un burro.

O circo non solicitou a autorización pertinente. O Concello de As Pontes incumpre, unha vez máis, a moción que declara As Pontes vila libre de circos con animais.
Leer máis

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique o enlace para maior información.

ACEPTAR