Son Yésica Bouza Sanmartín, veciña de Ribadeume, licenciada en Psicoloxía e voluntaria no banco de alimentos de Ferrolterra. Gústame viaxar e disfrutar da natureza.

Colaboro con Xuntos por As Pontes porque creo que é necesario un cambio nas formas de facer política no noso pobo, comezando por que a opinión dos veciños se teña en conta.

Dende o meu punto de vista considero que As Pontes necesita emprego, máis oferta de formación para os xoves e igualdade de oportunidades.

Pido os ponteses que den un voto de confianza a esta nova formación que o único que pretende é realizar unha xestión transparente e mellorar a calidade de vida de todolos veciños.