Chámome Xurxo Rubio López, teño 32 anos, son Licenciado en Historia e actualmente estou en situación de desemprego. Nacín e crieime nesta vila e, despois duns anos un tanto alexado, volvo para retomar o contacto e botar unha man para tratar de axudar ós ponteses e pontesas.

Penso que é necesario unha nova forma de facer política, más participativa, máis democrática, unha política na que todos os cidadáns e cidadás teñan voz e voto, onde as decisión non dependan dunha única persoa. En Xuntos Por As Pontes atopei xente con este mesmo espírito, xente que quere traballar, que quere levantar ó pobo da nefasta situación na que se atopa. Aquí sinto que podo facer algo verdadeiramente útil pola sociedade.

Actualmente vivimos unha situación económica complexa que precisa de políticos honrados, xente comprometida cos problemas reais de As Pontes. É fundamental impulsar a creación de emprego, así como mellorar as políticas sociais e difundir a marca propia desta vila, que é moi rica. As Pontes precisa de xente que estea preto dos cidadáns, que os escoite de verdade e que traballe para mellorar a súa situación.

Pídole aos ponteses e pontesas que non teñan medo de confiar en nós. Somo moita xente nova pero con moitas ganas de traballar e de facer ben as cousas. Non vendemos falsedades, somos conscientes da realidade. Pídolles que nos den unha oportunidade de traballar por este pobo. As Pontes ten futuro, pero hai que cambiar moitas cousas e nós estamos disposto a elo.