Eu son Xenaro Saborido Otero e son profesor técnico de Formación Profesional no I.E.S. FENE.

Colaboro porque creo neste proxecto feito dende a veciñanza sen outro interese que a mellora das condicións de vida da cidadanía pontesa.
As Pontes necesita que as veciñas e veciños teñan unha mellor calidade de vida, tendo máis servizos á súa disposición sen ter que viaxar moito e sen perderse na burocracia.

Pídolle aos ponteses e pontesas, primeiro o seu voto, e despois a súa colaboración e as súas propostas para que os verdadeiros protagonista desta lexislatura sexan as pontesas e ponteses