Chamome Rusbel Bouza Lage son pontès e teño 35 anos , sempre estiven moi relacionado co mundo da cultura e a música , participando en diversas asociacións culturais como foron Choiva Ázeda e Kontrashte e formaciòns musicais coma a Banda Cultural e Recreativa de As Pontes e a Rondalla Vila de As Pontes nestas últimas dende moi novo, foi por isto que ao final me decantei por estudar música, acadando a licenciatura no ano 2005 no Conservatorio de A Coruña na especialidade de Saxofón. Actualmente son profesor de Saxofón no Conservatorio Profesional de Música de As Pontes onde comencei os meus estudos oficias, e onde comencei a impartir clases no curso 2000-2001.

Gústanme as viaxes e a natureza e por suposto a música, tamén me gustan os deportes coma o futbol-sala, ciclismo e deportes de aventura, asi coma sendeirismo orientado a coñecer mellor o noso entorno, historia e prehistoria.

Colaboro con Xunt@s por As Pontes porque considero que agora mesmo é moi necesario un cambio nas politicas a aplicar no ámbito local para recuperar o emprego e tamén frear a emigración masiva da nosa xuventude acaecida nos últimos anos. Tamén porque me parece que a única maneira razoable de arranxar os problemas é escoitando á veciñanza e creando espazos de carácter asambleario onde entre tod@s cheguemos a acordos e estratexias en común.

En definitiva porque me parece a mellor opción política aberta a escoitar a tod@ aquel que queira participar e decidir sobre o futuro de tod@s.

As Pontes necesita un apoio incondicional á pequena e mediana empresa, asi coma potenciar o inicio de proxectos no ambito agro-forestal, turismo-ecolóxico, turismo-prehistorico fomentando en todo o posible o cooperativismo e o asociacionismo. Tamén blindar os servizos públicos para que non sexan obxecto de especulación , fomentar a protección ás persoas sen deixar a ninguén desprotexido tanto no socio-sanitario coma no eido laboral e todo isto preocupándose da educación dos máis xoves dotando de infraestrusturas e ciclos formativos que cubran as necesidades educacionais da vila.

Necesitamos potenciar a creacion de empresas de novas tecnoloxías así como apoiar ás empresas na inversión en I+D+I, é moi necesario elaborar un plan estratéxico de emprego local integral.

A parte de pedirlles o voto por suposto, pediríalles a tod@s @s ponteses que participen e colaboren e non que simplemente vaian a depositar un voto nunha urna, pediríalles que sexan sinceiros á hora de votar pero que tamén se comprometan a participar activamente aportando ideas e ánimos renovados para entre tod@s sair de esta complicada situación socio-economico-sanitaria, polo tanto pídolles que perdan o medo para autogobernarnos.

Xunt@s por As Pontes, Xunt@s polo Ben Común