Chamome Rosario Cal Chao, teño 48 anos. Son veciña de As Pontes. Traballo coidando unha persoa con alzheimer. Traballei para o Concello en Axuda a domicilio e como persoal de limpeza. No meu tempo libre adícome ao atletismo, actividade que descubrín fai dous anos e agora apaixóame.

Dixéronme se me interesaría colaborar con Xuntos por As Pontes e aceptei encantada . É unha nova forma de facer politica para e con os propios veciños . Cousa que ata o de agora non se fixera Penso que o principal que necesita este pobo é emprego e deixar de facer política de amiguismo

O que eu lles pediria os ponteses é que non se deixen enganar con falsas promesas. Que pensen no futuro de este pobo. E por último pedirlles que nos den a oportunidade de cambiar as cousas que non teña medo aos cambios