Son Xose Manuel Ribeira, xubilado de ENDESA, na miña vida profesional estiven sempre afiliado a sindicatos nacionalistas empezando no SOG , fun delegado sindical algúns anos negociando varios convenios de ENDESA cando era empresa publica ( nunca liberado do traballo ) tamén dende fai tempo milito en politica , considerando a organizacion como un instrumento para transformar a sociedade e conquerir algún día vivir nun estado propio . ” PARA TRANSFORMAR A SOCIEDADE TEN QUE SER COA SOCIEDADE ”

Colaboro con XUNT@SPORASPONTES porque queremos levar ao concello a través da participación da cidadanía e de xente xove, aire novo , limpo e fresco para facer da política unha actividade transparente e digna .
As Pontes dende a miña opinion , necesita imaxinación para crear empresas e postos de traballo ( sobre todo para a xente xove ) partindo, ademáis do industrial , potenciar o sector primario a través do cooperativismo , remunicipalizar os servizos públicos , potenciar os intereses xerais por encima dos particulares , e facer un pobo mais humanizado , pensando no tráfico , nos espazos de lecer e mirando máis para o rio Eume.

Ás pontesas e ponteses , pídolles que confíen en nos , xa que o noso programa é sinxelo e de compromiso coa xente , dende a participación , información e transparencia , cumprindo o noso código ético firmado por todas e todos que formamos o grupo de XUNT@S POR ASPONTES