Chámome Jéssica Fernández Polo nacín nas Pontes no ano 1980. Son Diplomada en Maxisterio especialidade Educación Física e Licenciada en Psicopedagoxía. Exerzo como orientadora educativa dende 2004 e actualmente estou destinada no IES Terra de Trasancos (Narón). Gústame coñecer lugares novos, ler e todos os deportes. Practiquei piragüismo no Grupo Xuvenil e nos últimos tempos achegueime ao atletismo da man do Clube Olympo.

Colaboro con Xunt@s por As Pontes porque creo que se poden facer as cousas doutro modo, porque creo que nos podemos entender entre veciños e veciñas para buscar o mellor para o noso pobo.

Creo que As Pontes necesita reinventarse e reencontrarse a sí mesma. Non podemos negar as dificultades que existen nin a situación de crise que vivimos e vender unha imaxe de paraíso. É tempo de asumir as eivas e propoñer un plan para que a nosa vila teña futuro.

Pediríalle aos veciños e veciñas que sexan valentes, que aposten por nós para recuperar o orgullo de ser pontesas e ponteses. En nós terán a garantía de ser escoitados e poder decidir en todo momento.