Son David Ledo Ramos, veciño de As Pontes teño 27 anos e son técnico superior en Saúde Ambiental e Mecatrónica Industrial. Son socio de Médicos sen fronteiras, gústame o rugby e pasalo ben cos meus amigos.

Colaboro con Xuntos por As Pontes porque vexo indispensable un cambio das políticas a nivel municipal.

Considero que os veciños do noso pobo merecemos un goberno municipal que nos axude a encontrar un emprego dentro da nosa vila sen ter que sair fora buscalo.

Pido ós ponteses e pontesas que se paren un momento a reflexionar se o futuro do pobo que queren é un no que non hai emprego e a xente ten que emigrar para atopalo, ou outro no que se axude a empresarios e autónomos para xerar emprego e no que os nosos xoves poidan labrarse un futuro na nosa vila.