Chámome Carmen, teño 54 anos, pontesa, traballo como auxiliar de axuda a domicilio e estou a colaborar no proxecto de Xunt@s por As Pontes porque creo e necesito que este pobo camiñe doutros xeitos, con outras maneiras distintas no facer, con aire novo cheo de xuventude que me ensinan un pobo con futuro. Por iso, gustaríame que nos escoitedes,que nos olledes e que vos acheguedes a nós a contarnos que queredes que sexa As pontes; o voto…. é voso.