Angel Alonso Cal, veciño de As Pontes, Poboado de As Veigas.
Colaboro con Xuntos por As Pontes porque quero formar parte dun proxecto colectivo. Un proxecto transformador e de esquerdas para As Pontes, nun grupo que compaxina xuventude, experiencia ,seriedade e responsabilidade máxime nos tempos que corren.

Este proxecto basease na igualdade e a solidaridade co único obxectivo de que os veciños de As Pontes teñan futuro e poidan participar activamente na vida política municipal.

Os ponteses e pontesas pidolles que aposten por novas alternativas algo diferente xente con ilusión e ganas de traballar con firmeza , pero tamén con imaxinación, unha organización política cidadá independente e libre , disposta a cambiar a forma de facer política, unha política honesta e transparente entregada aos veciños de As Pontes.