Chámome Alejandro Portela Riveira, teño 24 anos e son graduado en Relacións Laborais na Universidade da Coruña, a miña experiencia laboral está relacionada ó oficio de pintor e actualmente traballo nunha subcontrata da central térmica de As Pontes.

Colaboro con Xunt@s por As Pontes porque na miña humilde opinión é a única alternativa posible no noso pobo para que exista un cambio radical na forma de facer política.

Penso que As Pontes necesita urxentemente a búsqueda de novas vantaxes competitivas que poidan facer, de novo, deste pobo, un pobo con traballo e oportunidades para todos os que vivimos nel. Loito para que a xuventude teña toda as oportunidades que se merece, e gustaríame que todos nós puideramos ter unha educación de calidade e accesible a todo o mundo.

Eu pediríalles aos ponteses paciencia, co goberno que temos actualmente non poido pedir outra cousa, penso que no futuro todos xuntos podemos mellorar moitas cousas para que o noso pobo desperte dunha vez do seu letargo.