Chámome Alberto Pellón García, teño 27 anos, veciño de As Pontes, manipulador de alimentos traballei de panadeiro nalgunhas panaderias locais e formeime en electrónica e telecomunicacións. Fixen as prácticas profesionais na empresa Endesa en As Pontes. Gústame o deporte en xeral de calquer tipo rugby, fútbol sala, ciclismo etc .

Colaboro con Xunt@s por As Pontes porque representa o cambio de modelo político que creo imprescindible, facéndoo asambleario ,aberto e transparente. Onde calquer veciño ou veciña pode ter voz e tomar decisións que lle afecten ,non só cada catro anos. Penso que coñecer o pensamento e as necesidades da poboación é esencial para acadar un ben común.

As Pontes necesita esencialmente un maior investimento na xeración de emprego, acorde coa demanda e formación dos veciños/as desempregados e tamén fomentar a mellora de oferta educativa e cursos de preparación para incrementar as posibilidades de acceder a dito emprego. Tamén creo que se deberia mellorar o mantemento de infraestructuras tanto as obsoletas como as de nova creación para que repercutan e xeren emprego e oportunidades na vila.

Pido aos ponteses e pontesas que confíen nun cambio de xestión que permita coñecer mellor as necesidades e demandas da xente para acadar un ben común, e que As Pontes volva a ter un futuro para quedar a vivir , que recupere a enerxía o futuro e as oportunidades que tivo nun pasado para crecer como concello e diminuir a caída da poboación .