Son Alberte Rodríguez López, un xove pontés que ve como a súa vila se atopa cada vez máis desértica e inactiva e que ve que cada vez son maiores as consecuencias xeradas pola crise do sistema capitalista. Estou farto da filosofía do “éche o que hai”.
Colaboro con Xunt@s por As Pontes porque creo que é o instrumento axeitado no momento xusto para comezar a rachar co actual modelo político, empezando polo noso concello. Unha candidatura de unidade popular para facer fronte ao obsoleto réxime do 78. Chegou a hora da veciñanza.
As Pontes necesita botar (con b) ao falso socialismo. Un cambio de enfoque radical. Unha resurrección. Unha ruptura. Unha verdadeira potenciación da cultura da democracia participativa. Facer ver que todos e todas merecen ter voz.
Pediríalle aos ponteses e pontesas que non teñan medo ao cambio nin a discursos catastrofistas e se unan a este proxecto. Temos moito que gañar e nada que perder