Categoría: Vídeos

xuntos_aspontes

Pleno Ordinario do mes de maio

By | Mocións, Pleno Municipal, Vídeos | No Comments

Cumprindo co noso compromiso de transparencia, compartimos o Pleno Ordinario do 3 de maio de 2017, no que se aprobou a derrogación do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana e a modificación puntual das Normas Subsidiarias do Concello de As Pontes respecto a:

  • usos de quinteiro pechado e bloque lineal,
  • Avenida da Habana nº 129-137,
  • rúa Juan Antonio Suanzes.

Xunt@s por As Pontes presentou unha moción en defensa da autonomía local e da posibilidade de remunicipalizar servizos públicos, que pode consultarse aquí. A moción resultou aprobada con un texto engadido do BNG, ainda que co voto en contra do PP. Leer máis

photo_2016-09-13_17-13-58

Ruta En Marea nas Pontes, o venres 16

By | Autonómicas, En Marea, Novas, Vídeos | No Comments

Este venres día 16 ás 20:00 horas a Ruta En Marea fai parada na nosa vila.

Manolo Lago (Candidato nº 3 da lista En Marea pola Coruña), Magdalena Barahona (Candidata nº 4), Lorena Dapena (Candidata nº 10) e Alberto Pellón (Concelleiro de Xuntas por As Pontes) avanzarán puntos do programa de En Marea de cara a estas eleccións galegas do 25 de setembro. Eleccións que levarán, sen lugar a dúbidas, a Luís Villares á Presidencia da Xunta de Galicia.

Leer máis

xuntos_aspontes

Non benvido, Bienvenido

By | Novas, Vídeos | No Comments

O pasado venres, o equipo de goberno local convidounos a asistir á gala final da III edición do “As Pontes emprende”, programa que pretende fomentar a iniciativa empresarial na nosa localidade.

Antes de nada, queremos dar a noraboa aos premiados e felicitar a todas e cada unha das persoas que participaron, pola alta calidade dos proxectos presentados e as boas ideas empresariais, especialmente as das rapazas e rapaces máis novos.

Pero o que motiva esta publicación é a homenaxe que, dende o Concello, se fixo ao empresario local Bienvenido Acebrón, pois non deixou indiferente a ninguén co seu discurso. Leer máis

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique o enlace para maior información.

ACEPTAR