Categoría: Mocións

xuntos_aspontes

Pleno ordinario do mes de xullo

By | Mocións, Pleno Municipal, Transparencia | No Comments

Cumprindo co deber de transparencia que temos asumido, e dado que dende o Concello non se publican os videos dos plenos na páxina web nin se suben a Internet para facilitar o seu visionado por toda a veciñanza, compartimos o Pleno Ordinario do mes de xullo de 2017.

Xunt@s por As Pontes presentou unha moción para a adhesión do Concello á campaña “EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA”, iniciada por Compostela Aberta en Santiago no 2015  co ánimo de promover e facer visible o rexeitamento da veciñanza ante calquera tipo de violencia contra as mulleres. A moción, que pode consultarse aquí, foi aprobada por unanimidade. Leer máis

xuntos_aspontes

Pleno Ordinario do mes de maio

By | Mocións, Pleno Municipal, Vídeos | No Comments

Cumprindo co noso compromiso de transparencia, compartimos o Pleno Ordinario do 3 de maio de 2017, no que se aprobou a derrogación do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana e a modificación puntual das Normas Subsidiarias do Concello de As Pontes respecto a:

  • usos de quinteiro pechado e bloque lineal,
  • Avenida da Habana nº 129-137,
  • rúa Juan Antonio Suanzes.

Xunt@s por As Pontes presentou unha moción en defensa da autonomía local e da posibilidade de remunicipalizar servizos públicos, que pode consultarse aquí. A moción resultou aprobada con un texto engadido do BNG, ainda que co voto en contra do PP. Leer máis

lago_aspontes

Xunt@s Por As Pontes presentará dúas mocións no vindeiro Pleno Municipal

By | Mocións, Novas | No Comments

O mércores celebrarase un novo Pleno Municipal no que, ademáis dos puntos incluidos na orde do día, XUNT@S POR AS PONTES plantexará dúas mocións para debatir. A primeira delas fai referencia á situación de extrema necesidade dos refuxiados saharauis, os que debido ás recentes inundacións moitos deles viron destrozadas as tendas nas que se aloxaban. Pedimos á Corporación Municipal a dotación de fondos (a convenir) co obxectivo de paliar, en parte, a agónica situación das miles de persoas afectadas. No seguinte enlace podedes ler o texto a presentar. Leer máis

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique o enlace para maior información.

ACEPTAR