Qué son as áreas de actuación?

Queremos un Concello dinámico e participativo, no que se escoite a voz de tódalas veciñas e veciños, no que vós sexades as verdadeiras protagonistas.

Para iso vimos de organizarnos en diferentes áreas que agrupan os temas principais que máis nos preocupan:

  • Desenvolvemento Económico: no que se abordan temas coma o desenvolvemento industrial da nosa vila, a problemática do paro e como combatelo, a creación de emprego, o comercio local e o turismo.
  • Desenvolvemento Sostible: que abarca tamén o desenvolvemento do entorno rural, o coidado e preservación do medio ambiente e as actuacións relativas ao PXOM e mais á zona do lago.
  • Educación, cultura, patrimonio e deportes.
  • Servizos Sociais, Defensa dos sectores públicos e Defensa dos dereitos fundamentais e liberdades públicas.

Cómo se van organizar os grupos? Cómo se vai facer visible o meu traballo?

Para dotar de efectividade o traballo feito nestas áreas e facilitar a comunicación e colaboración entre elas, creamos un órgano coordinador integrado por:

  • Portavocía: na que estarán @s concelleir@s por ser os lexitimados para trasladar a nosa voz ao equipo de goberno nos plenos municipais.
  • Comunicación, transparencia e participación cidadá. Coordinará o traballo entre as áreas, daralle visibilidade na rede, garantirá e fomentará a particiación de todas aquelas que desexen participar e encargarase de facilitar o dereito de acceso á información a tódolos veciños.
  • Xurídico e Fiscal: Asesorará e dará cobertura legal ás áreas, ademáis de encargarse da contabilidade e dotación presupostaria da organización.

Quén pode participar?

Todas e todos poderedes participar e colaborar en calquera das áreas agás na Portavocía, por estar reservada @s concelleir@s.

Cómo teño que facer?

  1. Buscar un tema/área que me guste, no que teña experiencia/ coñecementos ou que me interese.
  2. Cubrir o formulario da sección Participa deste web ou enviar un correo ao enderezo xuntosporaspontes@gmail.com indicando nome, apelidos e a área ou tema que che interesa.
  3. Se tes algunha proposta, non dubides en facérnola chegar para comezar a traballar xunt@s.

E se o que eu quero non aparece reflexado na temática das áreas?

Non te preocupes, contacta con nós a través do correo electrónico e as encargadas de comunicación indicaranche a dónde dirixirte.

Se queremos avanzar cara un modelo de sociedade máis xusto e liderado pola cidadanía, temos que comezar a traballar pola base e en comunidade. Nós mesmos debemos ser os primeiros en adoptar as accións necesarias para este cambio.