Palestra sobre o futuro das pensións

Abril 9, 2018 Novas, Palestras
PALESTRAPENSIONS (1)

O incremento de miseria do 0,25 por cento foi a gota que rebordou o vaso e fixo saír ás rúas a milleiros de persoas en defensa e garantía dunhas pensións públicas que permitan á xente vivir con dignidade despois de toda unha vida de traballo. 

Dende que comezaron as mobilizacións, esta plataforma sumouse e participou en moitas delas, especialmente nas celebradas na nosa vila e comarca. Tamén presentamos unha moción no último pleno municipal, que foi apoiada polos demáis grupos agás o PP.

Seguimos traballando para informar a toda a veciñanza sobre este problema: por qué o incremento do 0,25 é unha miseria? qué é iso da cláusula de sostibilidade? a quén afecta e cómo? qué vai pasar coas vindeiras xeracións? pódense facer as cousas doutro xeito? hai alternativa?

Programamos esta palestra-debate na que quixemos que participaran todos os sindicatos e organizacións máis representativas da nosa contorna para garantir a pluralidade e ter unha idea dos motivos que levan a cada unha delas á mobilización. Finalmente, os representantes de CCOO e UXT desculpan a súa ausencia. Sí estará o representante local da CIG, Alberte Amado, e mais o economista recén xubilado e colaborador activo coa marea pensionista, Manuel Roca.

O xoves a partires das 20:00h, agardámosvos na Casa Dopeso. Non faltedes pois aféctanos a todas, pensionistas ou non.

As Pontes, 10 de abril de 2018

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique o enlace para maior información.

ACEPTAR
404 Not Found

404 Not Found


nginx/1.10.3