En video | Pleno Ordinario de Marzo 2018

Compartimos o video do Pleno Ordinaro de Marzo de 2018, que se celebrou o pasado día 14 ás 11:00h, en compromiso co deber de transparencia que adquirimos coa veciñanza. 

Nos asuntos da orde do día:

1.- Aprobar actas dos plenos anteriores (Enlace)

2.- Dar conta dos decretos de xaneiro e febreiro

3.- Dar conta doutros decretos

4.- Ratificar decretos relativos á modificación de varios proxectos incluídos no POS+2018

5.- Aprobar o recoñecemento extraxudicial de crédito (Primeira parte, minuto 9. Enlace)

Coma sempre, abstivémonos por considerar que non se usa para necesidades da veciñanza, senon para sufragar facturas da xestión ordinaria do Concello.

6.- Aprobar a modificación do convenio de colaboración entre o Concello de As Pontes e a Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado para o financiamento da rehabilitación da vivenda para sede do Museo Etnográfico Monte Caxado (Primeira parte, minuto 18. Enlace)

– A modificación do convenio para mudar os prazos nos que se pode realizar a obra de rehabilitación e presentación das facturas atende a un erro de xestión do goberno municipal: sabían que había que pedir permisos na Xunta e que tardan. Os prazos que se contemplaban inicialmente non se axustaban á realidade.

– Recordamos a nosa posición contraria ao pago de 200.000 euros para a rehabilitación do inmoble que albergará o museo por: 
1. A casa é privada, non é patrimonio da Fundación nin do Concello.
2. É imposible que este inmoble acolla as máis de 4000 pezas recopiladas.
3. É unha inversión moi grande para un período ínfimo de cesión, tan só 10 anos (dos que xa transcorreron case 2). Cremos que a cesión do uso do inmoble para o Concello debería estar entre os 30 e os 50 anos.

A NOSA PROPOSTA: Temos á nosa disposición o conxunto de casas da Vilavella, cedidas por Endesa, nas que se podería recrear o modo de vida dos nosos antergos e na que se poderían integrar todas as pezas recollidas. Ademáis, están situadas á beira das principais vías de comunicación da nosa vila, con lugar para aparcamento e de fácil acceso.

A nosa posición ao completo, neste enlace (Pleno Extraordinario 22/12/2016)

7.- Acordar a bonificación na cota tributaria do ICIO solicitada pola Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado (Primeira parte, minuto 38:14)

O noso voto foi en contra pois os informes dos técnicos municipais son desfavorables.

8.- Mocións:

a) MOCIÓNS RELATIVAS AO 8 DE MARZO

Tanto o noso GM como o do BNG retiraron sendas mocións relativas ao 8 de marzo debido ao cambio de data do pleno, que finalmete se celebrou o día 14.

b) MOCIÓN DO BNG PARA A INSTALACIÓN DE DETECTORES DE FUME NOS FOGARES (Primeira parte, minuto 50:38)

Aprobada por unanimidade. Dende o noso grupo suxeriuse que é fundamental fomentar o uso do dispositivo de teleasistencia para emerxencias entre a xente maior que vive sola. Este dispositivo consiste nun “medallón” que as persoas deben levar sempre colgado do pescozo, que se preme en caso de emerxencia. Inmediatamente, un técnico da cruz vermella se pon en contacto coa persoa para interesarse. É preciso facer unha campaña para o uso deste dispositivo, ademáis de subvencionar o seu custe en determinados supostos de insuficiencia de recursos para afrontar os 25 euros mensuais do seu custe.

c) MOCIÓN DE XUNT@S PARA SOLICITAR A RETIRADA DA LEI GALEGA DE SAÚDE, recentemente aprobada no Parlamento Galego e que implica a privatización da sanidade pública e a supresión de áreas sanitarias (Primeira parte, minuto 57:50)

Aprobada cos votos do PSOE, BNG e Xunt@s. Voto en contra do PP

d) MOCIÓN DE XUNT@S PARA INSTAR QUE O GOBERNO GALEGO IMPULSE UNHA MESA DE DIÁLOGO PARA O TRANSPORTE PÚBLICO (Primeira parte, minuto 1:13:00)

Aprobada cos votos do PSOE, BNG e Xunt@s. Voto en contra do PP

e) MOCIÓN DO BNG PARA A CONVOCATORIA DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA O PAGO DA FACTURA DA LUZ (Primeira parte, minuto 1:29:12)

Aprobada cos votos do PSOE, Xunt@s e BNG. Abstención do PP.

f) MOCIÓN DE XUNT@S PARA INSTAR QUE O CONCELLO APOIE AS DEMANDAS DOS PENSIONISTAS E ESIXA DO GOBERNO DO ESTADO A GARANTÍA DE MANTER UNHAS PENSIÓNS PÚBLICAS DIGNAS (Primeira parte, minuto 2:03:06 – continúa na segunda parte)

Aprobada cos votos do PSOE, BNG e Xunt@s. Abstención do PP

g) MOCIÓN DO BNG PARA PROMOVER A DISPOÑIBILIDADE DE PARCELAS INDUSTRIAIS (Segunda parte, minuto 13:18)

Retirada por estar en trámites o equipo de goberno

h) MOCIÓN DO BNG SOBRE A REORDENACIÓN DO SISTEMA VIARIO DO NÚCLEO DE AS PONTES (Segunda parte, minuto 15:13)

Aprobada por unanimidade

A Xunta de Galicia encargouse da tramitación do novo acceso que substitúe ao da Central pois deste xeito, Endesa non ten que abonar no Concello o importe das licencias da súa construcción. A Xunta NON ten que pagar ningunha licencia polas estradas que constrúe. Polo tanto, asistimos a unha “trampa” que se clarifica no feito de que é a Xunta quen realiza a estrada pero é Endesa quen a paga.

i) MOCIÓN CONXUNTA DOS GRUPOS MUNICIPAIS PSOE, BNG, XUNT@S POR AS PONTES E PP CONTRA A DESIGUALDADE E A DISCRIMINACIÓN DAS MULLERES (Segunda parte, minuto 40:02)

Aprobada por unanimidade

9.- Preguntas:

a) PREGUNTA CONXUNTA DOS GRUPOS MUNICIPAIS BNG, XUNT@S POR AS PONTES E PP EN RELACIÓN AO ESTADO ACTUAL DE ESTABILIDADE E SEGURIDADE DA ROTOPALA COMPRADA A ENDESA. (Segunda parte, minuto 43:25)

Unha vez máis o equipo de goberno demostrou a súa falta de proxecto para a rotopala, a carencia de informes do estado real da máquina nin sobre as medidas mínimas necesarias e imprescindibles que hai que adoptar para que a rotopala se manteña en pe con garantías de seguridade e estabilidade.

En definitiva, compraron sen proxecto e sen coñecer os custes do seu mantemento; compraron mediante engano na documentación xustificativa, pois sabían que é imposible realizar os proxectos de restauración que se levaron a cabo en Alemaña; compraron entón a rotopala para vela caer polo seu propio peso e polo paso do tempo.

b) PREGUNTAS DO PP (Segunda parte, minuto 1:22:46)

c) PREGUNTAS DE XUNT@S POR AS PONTES (Segunda parte, minuto 1:23:30)

  • Preguntamos polo estado de tramitación no que se atopa a remodelación da DP 7003, estrada de enlace entre a vila e a AG-64 que bordea o polígono dos Airíos. Contestación: o proxecto está en fase de redacción
  • Preguntamos pola creación dun organismo participativo para crear un foro de debate e aportaciòn para o deseño do futuro industrial e económico e social da nosa vila. Queda o compromiso do Alcalde de avanzar na súa constitución.
  • Praga da pataca: non se pode plantar este ano tampouco.
  • Novos ciclos formativos: avanzouse nas negociacións para implantar un novo ciclo de centrais eléctricas e sistemas de distribución eléctrica e outro sobre sondaxes.
  • Beirarrúas estragadas no centro da vila.
  • Sobre a RPT no Concello: Estase elaborando
  • Material da minería, que se atopa almacenado nun contenedor: qué se vai facer con él? Por qué non se leva, por exemplo, para a casa da enerxía? Non contestan
  • Árbores plantadas na ladeira do lago. Existe un estudio para plantalos dese xeito? Plantáronse para aguantar do terreo

d) PREGUNTAS DO BNG (Segunda parte, minuto 1:37:14)

As Pontes, 27 de marzo de 2018

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique o enlace para maior información.

ACEPTAR
404 Not Found

404 Not Found


nginx/1.10.3