Concentración en defensa das pensións públicas dignas

Marzo 16, 2018 Novas
pensions 17Marz

Xunt@s por As Pontes anima a todos os veciños e veciñas a asistir mañá a Ferrol á concentración en defensa dunhas pensións públicas dignas. Terá lugar ás 12:00h no Cantón. 

Dende esta plataforma, sempre procuramos dar voz aos diferentes movementos veciñais que se organizan en torno á defensa dos dereitos máis básicos e fundamentais. Neste caso, amosamos o noso apoio á Plataforma en defensa das Pensións Públicas en Ferrolterra.

Despois da concentración desenvolta na Praza de Armas, o pasado 22 de febreiro e da Asemblea celebrada no Centro Cultural Carvalho Calero, o pasado día 6 de marzo, constituíuse unha Plataforma para a defensa do sistema público de pensións no ámbito da nosa comarca.

Esta Plataforma convoca para a defensa do sistema público de pensións a:

  • Os xubilados: modificouse o sistema de revalorización de pensións establecendo mecanismos tendentes a reducir o monto total do gasto, mediante o empobrecemento e redución do poder adquisitivo das persoas pensionistas.
  •  Os que, estando preto da xubilación, vemos que somos vítimas de medidas aprobadas no Parlamento que cambian substancialmente as condicións nas que viñemos desenvolvendo o noso traballo e as cotizacións realizadas ao longo da nosa vida laboral.
  • Os que, por falta de períodos de cotización suficientes se ven arroxados a un sistema de cuasi beneficencia, con cantidades irrisorias adxudicadas en moitas ocasións de forma condicional as persoas concebidas nun entorno familiar.  Aquí están as pensións non contributivas pero tamén, polo reducidas que son, as pensións de viuvidade, En todas elas son as mulleres o suxeito principal.
  • E finalmente, todos os traballadores e traballadoras ou non, que nin siquera poden estar seguros de que o sistema público vaia perdurar e manter unhas condicións de dignidade mínimas, tendo en conta que son moitos e moi poderosos os intereses que están en xogo, e a pouca credibilidade que, a estas alturas ten o sistema político.

Entre as reclamacións e reivindicacións das protestas, están:

  1. Pensión mínima que mellore substancialmente a actualmente vixente. Esta pensión mínima afectaría as pensións contributivas, as non contributivas e ás de viuvidade como mínimo.
  2. Incremento e revalorización das pensións conforme ao IPC, con elementos correctores para recuperar o poder adquisitivo perdido estes últimos anos
  3. Derrogación das últimas reformas do sistema de pensións: a desenvolta unilateralmente polo PP no 2013. Pero tamén se propón a derrogación da reforma aprobada no 2011 polo goberno de Zapatero.
  4. Impedir en todo caso a entrada en vigor do factor de sostibilidade tal e como o ten imposto unilateralmente o PP aplicando unha maioría da que xa non goza.
  5. Regulación das contas bancarias polas que se percibe a pensión con exención de gastos e comisións
  6. Derrogación de todas as medidas que instauraron o chamado copago (repago en realidade)
  7. Revisión dos medicamentos excluídos do recetario da Seguridade Social
  8. Establecemento dunha política de prezos taxados e de control do mercado en temas como transporte públicoprezos enerxéticos (gas, electricidade), prezo da augaaccesos a bens públicos, conveniados ou subvencionados.
  9. Recuperación da idade legal e obrigatoria de xubilación aos 65 anos, recuperación do sistema de cálculo das pensións finais cos criterios anteriores ao 2011.
  10. Derrogación das últimas reformas laborais que son as principais responsables da situación de risco que afecta ao Sistema público de pensións….

Son moitos máis os temas actualmente en discusión e debate aberto, pero, en esencia, existe o acordo de defender o Sistema Público de Pensións e combatir todas as medidas tendentes a rebaixar as cantidades percibidas polos pensionistas (empobrecer aínda máis aos sectores que só dispoñen da súa pensión para enfrontrar a vida diaria e o apoio ás súas familias) e a diminuír o poder adquisitivo das mesmas.

As Pontes, 16 de marzo de 2018

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique o enlace para maior información.

ACEPTAR
404 Not Found

404 Not Found


nginx/1.10.3