Pleno Extraordinario para a aprobación inicial da modificación das Normas Subsidiarias no ámbito do Poboado das Veigas

Xaneiro 17, 2018 As Veigas, Endesa, Novas, Pleno Municipal
photo_2018-01-17_21-02-14

No día de hoxe 17 de xaneiro de 2018 celebrouse un Pleno Extraordinario para a aprobación inicial da modificación puntutal das Normas Subsidiarias (NNSS) das Pontes de García Rodríguez no ámbito do Poboado das Veigas ou Poboado Encaso.

Cumprindo co noso compromiso de transparencia, acompañamos os documentos dos que dispoñemos. Nos vindeiros días abrirase un período de información e exposición pública no que poderedes formular alegacións. Para dúbidas ou consultas da documentación en formato de papel, podedes poñervos en contacto con nós, quedamos á vosa disposición.

A posición da plataforma veciñal Xunt@s por As Pontes no Pleno foi a abstención por entender que se trata da aprobación dun documento técnico, feito por profesionais do urbanismo e coas aportacións da Secretaria, Interventora e Arquitecto do Concello. Aínda así, non estamos conformes co convenio asinado con Endesa (que serve de base para a redacción deste documento) por excluir da cesión ao Concello terreos e inmobles moi necesarios como son o hospitalillo, o edificio da OPYDE e o do Comité de Empresa. Tampouco se cede o inmoble do economato, a igrexa nin 3 parcelas baldías aptas para edificar.

A continuación, a intervención que se fixo no pleno polos representantes da nosa plataforma veciñal:

O documento que se trae a pleno para a súa aprobación é eminentemente técnico, no que:

  • se fai unha introdución explicando a historia do poboado e a situación actual,
  • explícase tamén a necesidade da modificación das normas subsidiarias, xustificándose en razóns de interese público: é preciso adaptar a normativa á realidade existente; ou dito doutro xeito, recoñécese a situación existente, obrigando a mantela a través da modificación das normas
  • Recolle as novas normas urbanísticas
  • Un estudo económico
  • E varios documentos anexos entre os que se atopan o convenio asinado con Endesa e a acta das sesións do proceso de participación pública idea as pontes, entre outros.

Tendo en conta que o urbanismo é unha  materia complexa, imos centrarnos nun par de aspectos que cremos necesario resaltar, axudándonos dos informes de secretaría e intervención:

  1. Qué se cede ao concello e qué non se cede ao concello?

Cédese ao Concello de xeito gratuito, en pleno dominio e libre de cargas:

  • Equipamentos: pistas deportivas; local, piscina e pistas do LAR; os terreos do conservatorio; parcela de ASPANAES.
  • Viario público,
  • Espazos libres: xardíns arredor Igrexa do Poboado, xardíns en fronte ao conservatorio e dúas zonas verdes (depósito auga e zona sur que delimita a zona residencial da industrial. Aparcamentos (inclúense os do gadis)
  • A parcela do depósito da auga, que queda como zona verde compatible con usos de aparcamento, previa demolición do depósito polas súas malas condicións de mantemento e conservación.

NON se cede, é dicir, segue mantendo a titularidade privada dos terreos Endesa:

  • comité de empresa, OPYDE, hospitalillo. (pax 82) “non cumpren unha función estruturante dentro do conxunto municipal” (artigo 24.2 das normas). Non entendemos que é o que quere dicir esta frase. Na páxina 55 do documento explícase que : “No solo destinado a equipamento, consérvase a titularidade PRIVADA daquelas dotacións que polas súas condicións de uso actuais NON SE CONSIDERAN BEN DE UTILIDADE PÚBLICA para todo o ámbito municipal (como son o comité de empresa, OPYDE e o Hospitalillo)”
  • Tamén é de titularidade privada o inmoble no que se atopa o Economato/Gadis, que ten como carga unha cesión de uso a favor de “Tojeiro Alimentación, S.A.” (páx. 33)
  • A Igrexa queda tamén sen ceder, pois os usos relixiosos non son compatibles cos usos de titularidade pública.

2. Qué se pretende facer coa modificacion das NNSS?

Respecto do solo privado, preténdese:

  • A consolidación da trama actual do poboado. Recoñécense as divisións actuais e establécense unhas normas de conservación, mantemento e reforma que garanten a imaxe uniforme do poboado. Normas que están obrigados a cumprir todos os veciños cando fagan as reformas.
  • Recoñécense 3 parcelas con potencial edificatorio, coas que deducimos que queda ENDESA.

Ata que as normas se aproben, e segundo a disposición transitoria primeira, os propietarios quedan obrigados a non facer variacións nas edificacións existentes.

3. Qué gastos asume ENDESA?

Endesa cede ao concello os terreos dotacionais e ten a obriga de completar a urbanización das parcelas afectadas coa finalidade de garantir a súa condición de solar.

É dicir, asume os gastos de urbanización precisos para executar as obras necesarias para conectar coas redes de servizos e viaria en funcionamento. 

4. En qué consisten as obras que executará ENDESA?

– demolición de casetas en vía pública e solo público. Podedes concretarnos cáles son exactamente? Qué ocorrerá coas persoas que se vexan afectadas?

– apertura de viario e conexións coa rede privada actual

– obras de instalación de servizos urbanos

– urbanización

– demolición do antigo depósito.

Valóranse en 4.700.000 euros aprox. , dos que só se lle esixe un depósito do 10% do gasto (470.000€)

Non se estipula o prazo para realizar as obras, só se dí que de xeito inmediato. Pero coñecendo cómo se manexan os prazos neste concello, a qué lle chamades inmediato? A un ano? A cinco?

5. Qué gastos asume o Concello a partires desta cesión?

O mantemento de todos os novos sistemas xerais obtidos. Segundo este documento, uns 68.000 euros anuais. Cifra que a interventora considera insuficiente. Tamén os ingresos que se prevén obter, pois non son reais: o IBI xa o están pagando agora os residentes, non supón un incremento de ingresos para as arcas municipais.

Tampouco se ten en conta todos os ingresos que se deixan de recadar como consecuencia da cesión dos terreos ao Concello.

Non nos imos meter na norma técnica, que presumimos que coas modificacións indicadas pola secretaria, interventora e arquitecto e que vos comprometedes a realizar presupoñemos que se atopan adecuadas á legalidade e á realidade existente. Ademáis, existen informes favorables da Xunta.

Pero non podemos aceptar o convenio que firmades con Endesa. 

Primeiro prometedes un convenio con Endesa, según vós o mellor da historia, a escasos días das eleccións municipais. Era tan urxente que  tardades máis de ano e medio en aprobalo e para colmo resultou ser un dos peores da historia deste pobo.  Iso sí, un dos negocios redondos de Endesa: Non gastou un  peso, desfíxose do que lle causaba perdas e por riba gañou cartos ao negarse (según vós) a engadir a rotopala e vendérvola despois (nin sequera un ano despois da aprobación plenaria do convenio) por máis de 300.000 euros. 

Agora, ides no mesmo camiño. Un novo convenio no que, ao oírvos falar unha non sabe ben se está soñando ou se escoitou ben. Xa ata facedes dubidar de se limos ben os documentos.

Neste convenio, ao igual que no anterior, podemos resumilo brevemente en que Endesa se desfai dun “morto” e se fai cun negocio. Como vimos, cede de xeito gratuito os viais, xardíns, é dicir, o que lle custa moito manter. E queda con aquilo co que pode seguir sacando beneficios. Con este convenio o que se está facendo é compensar a Endesa incrementando o valor da propiedade. Como dixemos, queda con 3 fincas nas que se pode construir e que de seguro aproveitará para vender a máis prezo. E queda con ese inmoble tan valorado e tan reiterativamente mencionado neste salón de plenos, o hospitalillo. Non tardaremos un ano en coñecer pola prensa a compra por parte deste concello deste inmoble, que, na nosa opinión, e xa o imos avanzando, debería de ceder gratuitamente Endesa para todos os veciños e veciñas de As Pontes.

Ao final, o de sempre. Endesa fai o que lle peta neste concello e vós [referido ao goberno local] nin vos molestades en esixirlle nada. Vímolo no pleno da semana pasada: non lle estades cobrando as licenzas polas obras de revisión, aprobades a nosa moción de cobrarlle polo uso do espazo público como medida para saír na prensa, pero na realidade adiades e ralentizades os trámites para que se faiga efectivo; consentídeslle que vos endose todas as propiedades que lle sobran e aínda ides detrais para mercarlle o que queda, como recentemente ocorreu coa compra da rotopala. Nin falar xa de esixirlle unha compensación nos gastos da factura eléctrica para todos os veciños e veciñas deste Concello.

É a vosa forma de gobernar. Dende logo, nós non a compartimos. E xa non é que non a compartamos nós, é que os vosos propios votantes se sinten defraudados coa vosa xestión. Van de decepción en decepción.

Nós ímonos abster.

E con isto non queremos dicir que vaiamos en contra dos veciños das Veigas nin que non queiramos que por fin poidan acceder ás vivendas despois de tantos anos de espera. 

Coa abstención o que queremos resaltar é a nosa disconformidade co Convenio asinado con Endesa, ainda que sí recoñecemos a validez da normativa técnica. 

Tamén resaltamos por último que esta modificación é un mero “parche” das NNSS, sendo que o preciso e o que se debe priorizar é a aprobación do PXOM.

—-

Neste enlace podes consultar o documento presentado polo Concello para a aprobación inicial da modificación puntual das NNSS das Pontes de García Rodríguez no ámbito do Poboado das Veigas (Poboado Encaso)

Neste enlace podes consultar o convenio definitivo con Endesa

Neste enlace podes consultar o informe da Secretaria, que corrixe e complementa o documento anterior.

Neste enlace podes consultar o informe da Interventora, cos aspectos a mellorar no documento anterior.

Neste enlace podes consultar o informe do Aquitecto, cos aspectos a mellorar no documento anterior.

Neste enlace a proposta de aprobación plenaria.

O documento definitivo, segundo o compromiso expreso do Concelleiro de Urbanismo, recollerá todas as aportacións dos funcionarios locais.

O procedemento de tramitación desta modificación das NNSS:

  • Aprobación inicial en pleno (17/01/2018)
  • 2 meses de información e exposición pública. Admite alegacións
  • Inclusión das alegacións e modificacións, remisión á Xunta (que debe contestar en 3 meses) e petición de informes sectoriais
  • Aprobación provisional
  • Exposición pública e alegacións
  • Aprobación definitiva

A continuación, a intervención da nosa concelleira María Chao no pleno:

Consulta o pleno ao completo con todas as intervencións:

As Pontes, 17 de xaneiro de 2018

AMPLIACIÓN (I):

Por mor de non existir a maioría requerida no Pleno Extraordinario celebrado o día 17 de xaneiro, tivo que repetirse. É dicir, para que a aprobación inicial da modificación das NNSS no ámbito do Poboado das Veigas fose válida, precisábase que estivesen presentes 9 concelleir@s do PSOE (son 11). Pois ben, só estaban presentes 8, pese á importancia do asunto a tratar. Polo tanto, o documento non obtivo os votos a favor precisos a súa aprobación, por este motivo se tivo que repetir.

Xunt@s por As Pontes non acudiu a este segundo pleno por considerar que os nosos concelleiros xa fixeran o seu traballo, prepararon a documentación, asistiron, defenderon a posición da plataforma veciñal e votaron no primeiro pleno. Todo isto, no seu tempo libre e sen percibir remuneración de ningún tipo.

O equipo de goberno sabía da maioría que se precisaba, pero o único que fan é un abuso da súa maioría absoluta, pasando por encima de todas e de todo.

Neste enlace podes consultar a posición completa desta plataforma.

No vídeo, o Pleno Extraordinario de 26 de xaneiro de 2018, para a aprobación inicial da modificación das NNSS no ámbito do Poboado das Veigas.

As Pontes, 8 de febreiro de 2018

AMPLIACIÓN (II):

Consulta neste enlace o anuncio no DOG. A partires do día 12 de febreiro comeza a contar o prazo de 2 meses para presentar as alegacións ao documento. Prazo que remata o 12 de abril.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique o enlace para maior información.

ACEPTAR
manmeds.top | 502: Bad gateway

Error 502 Ray ID: 3eeee725d1eb7e6f • 2018-02-18 06:24:21 UTC

Bad gateway

You

Browser

Working
Detroit

Cloudflare

Working
manmeds.top

Host

Error

What happened?

The web server reported a bad gateway error.

What can I do?

Please try again in a few minutes.