Pleno ordinario de xaneiro

Xaneiro 10, 2018 Novas, Pleno Municipal
lago_aspontes

Esta mañá celebrouse o pleno municipal ordinario de xaneiro.

Nós preguntamos, entre outras cousas, pola compra da rotopala.

Das explicacións que se nos ofreceron, destacamos as seguintes conclusións:

  • é unha compra, Endesa non a cede gratuitamente
  • a compra é nas condicións de conservación nas que se atopa na actualidade, no contrato prevese claramente que Endesa non a vai reparar, non asume ningún custe de mantemento.
  • a compra ascende a un valor total de 303.746,30 euros
  • o Concello debe facerse cargo tamén de todos os custes de mantemento, reparación e medidas de seguridade.
  • o Concello ten que facer e abonar un seguro sobre a rotopala.
  • a compra só se fará efectiva cando a cesión dos terreos emerxidos do lago se ceda en escritura pública ao Concello. En todo caso, ten que ser antes do 30 de xuño de 2018, senon Endesa recupera a rotopala.
  • ata que se aproben os orzamentos do 2018 o Concello non dispón de fondos para abonar o prezo da rotopala.
  • o prezo da rotopala restarase do importe da licenza que Endesa debe abonar ao Concello polas obras de adaptación da central.
  • a rotopala non se engadiu no Convenio por incompetencia do goberno local.
  • Endesa está conseguindo desfacerse de todos os bens e inmobles que lle causan gasto e endósallos ao Concello, indo ao final no peto de todas as veciñas e veciños, quen teremos que sufragar todos os custes que ocasionen.
  • Endesa fai o que quere neste Concello, ninguén a frea nin lle esixe absolutamente nada.

Aquí podes consultar a acta da Xunta de Goberno na que se acorda a compra da rotopala, coas cláusulas do contrato. 

Aquí podes consultar a xustificación da tasación.

Aquí podes consultar a memoria xustificativa da compra. Neste punto, engadimos que os exemplos que se ofrecen non se corresponden co modelo de xestión que se está seguindo neste Concello.

Nos vindeiros días, faremos o habitual resumo do pleno.

As Pontes, 10 de xaneiro de 2018

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique o enlace para maior información.

ACEPTAR
manmeds.top | 502: Bad gateway

Error 502 Ray ID: 3dfa076444837e21 • 2018-01-19 13:09:31 UTC

Bad gateway

You

Browser

Working
Detroit

Cloudflare

Working
manmeds.top

Host

Error

What happened?

The web server reported a bad gateway error.

What can I do?

Please try again in a few minutes.