Xunt@s por As Pontes reúnese co Alcalde para abordar o principal problema do concello: o desemprego

Decembro 29, 2017 Novas
lago_aspontes

Membros da plataforma veciñal Xunt@s por As Pontes reuníronse onte co Alcalde da localidade para abordar un dos principais problemas do noso municipio.

Na xuntanza, expúxose a situación actual do concello: cada mes pecha un comercio, cada día sae un pontés para o estranxeiro, cada día somos menos, cada vez hai menos oportunidades.

A proposta da nosa plataforma foi clara: crear un novo organismo que substitúa a extinguida OPYDE, aproveitando o coñecemento e experiencias adquiridas e superando os erros cometidos no pasado. Un ente alleo aos intereses partidarios e no que poida participar quen queira; un novo ente que asuma como eixo vertebrador os principios de colaboración, a neutralidade e a profesionalidade.

Máis en concreto, propúxose a creación dun Consello Económico no que tivese representación o Concello e outras administracións (Deputación e Xunta, a través do IGAPE), empresas e asociacións de empresarios, sindicatos, partidos, entidades sociais, centros educativos (resaltando a  presencia da Universidade da Coruña – Ferrol) e entidades bancarias (coa súa implicación poderían facilitar inversión). Tamén Endesa.

Desta xuntanza quedou o compriso en firme do Alcalde de estudar a proposta e, se é o caso, convocar a todas as implicadas a unha mesa de traballo para sentarnos e falar. Averiguar se ven a necesidade de crear un organismo de colaboración entre todas para impulsar o desenvolvemento industrial e económico do noso Concello.

As Pontes, 29 de decembro de 2017

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique o enlace para maior información.

ACEPTAR
404 Not Found

404 Not Found


nginx/1.10.3