Xuntas por As Pontes posiciónase en contra da compra da rotopala a Endesa

excavadora

Nos últimos días coñeciamos pola prensa a decisión unilateral do PSOE local de compra dunha rotopala a Endesa por valor de máis de 300.000 euros. 

Valéndose da súa maioría absoluta, o PSOE pontés volta a facer das súas artellando en conivencia coa empresa ENDESA a COMPRA dunha máquina procedente da explotación mineira e que estaba previsto destinar a chatarra.

A rotopala valórase en 251.031,00 euros, ao que hai que aplicarlle o IVE do 21%, resultando un importe total de compra de 303.746,30 euros. Gastos notariais a parte. A máquina véndese no estado actual de conservación, sen a realización de ningunha tarefa de mantemento nin restauración, correndo éstas a cargo tamén do Concello, é dicir, de todas nós.

Dende esta plataforma valoramos negativamente esta compra ou calquera outra de activos procedentes da explotación mineira. Cremos que é inadmisible investir os fondos públicos en recursos que serviron para o enriquecemento exorbitado dunha empresa a costa do traballo duro e da saúde da veciñanza, ademais da contaminación do medio no que vivimos.

Dende Xunt@s por As Pontes defendemos a posta en valor do noso patrimonio industrial, mais ten que ser coa colaboración desinteresada de Endesa, ao igual que ven facendo noutros lugares coma Ponferrada.

A propia empresa debería ceder de xeito gratuíto os activos precisos e en perfecto estado de conservación como condición imprescindible para que o Concello os asumise. Debería, do mesmo xeito, colaborar na recuperación da memoria histórica desta vila e encargarse da construción dun museo para a exposición do traballo realizado nesta conca mineira.

E é que o PSOE pontés non sabe negociar (ou non lle interesa -por causas alleas ao noso coñecemento-), e coa súa incompetencia está levando a todo o Concello á ruina absoluta. Recentemente ven de asinar un convenio con Endesa que implica un gasto importante que teremos que afrontar entre todas; un convenio no que non se lles ocorreu engadir nin esta rotopala nin outras instalacións das que xa teñen incluso proxectos planificados, coma por exemplo o antigo hospitalillo.

Neste enlace podes consultar os datos da contratación. 

Neste enlace podes consultar o texto do convenio e a nosa posición.

No video, a voladura doutra máquina que a empresa destinou a ferralla ante a imposibilidade de venta para aproveitamento noutro xacemento. Tampouco a Endesa se lle ocorreu ceder esa apiladora para o desfrute das veciñas e veciños, priorizando así os seus beneficios empresariais.

As Pontes, 26 de decembro de 2017

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique o enlace para maior información.

ACEPTAR
manmeds.top | 502: Bad gateway

Error 502 Ray ID: 3dfa076444837e21 • 2018-01-19 13:09:31 UTC

Bad gateway

You

Browser

Working
Detroit

Cloudflare

Working
manmeds.top

Host

Error

What happened?

The web server reported a bad gateway error.

What can I do?

Please try again in a few minutes.