Por qué nos abstivemos nas obras do POS+ 2018?

Decembro 20, 2017 Novas, Pleno Municipal, Transparencia
xuntos_aspontes

Onte, 19 de decembro, celebrouse o Pleno Extraordinario Urxente para a aprobación das obras incluídas no POS+ 2018, unha subvención concedida pola Deputación da Coruña aos Concellos para a inversión en obras e servizos. Extraordinario e Urxente por rematar o prazo para a solicitude hoxe, 20 de decembro.

A nosa posición foi a abstención, en base aos seguintes motivos:

1.- O POS+ é un plan que agrupa e suprime varias liñas de subvencións anteriores para facilitar a súa xestión e tramitación e centrarse nas obras e servizos. Entre as liñas suprimidas están: políticas de igualdade, desenvolvemento dos servizos sociais e envellecemento activo. A Deputación debería de establecer como condición imprescindible para outorgar o POS+ a xustificación por parte dos concellos de inversións nas liñas suprimidas. Tamén que na presentación dos proxectos se teñan en conta cuestións de xénero. Porque a realidade pon de manifesto que isto non se está cumprindo, sempre se “esquecen” de apostar polas políticas de igualdade e o que finalmente conseguiu a Deputación da Coruña con este Plan é que as mulleres e os dereitos das mulleres e das persoas máis vulnerables sempre sexan o último do último a ter en conta. 

2.- Preguntamos qué criterios se seguían para a adxudicación dos proxectos aos arquitectos e arquitectas e máis o custe de cada un dos proxectos. Non obtivemos resposta, máis alá do que toda persoa coñece: os proxectos danse a persoas empadroadas en As Pontes. Nada máis. Nin qué criterios concretos para a adxudicación se seguen nin absolutamente nada que indique o custe dos proxectos, en conxunto ou individualmente. Lembramos que son un total de 21.

3.- Non son proxectos consensuados. A nós facilitóusenos a documentación o xoves día 14 de decembro. Hai proxectos datados do mes de xullo, polo que xa se coñecían as obras a realizar como mínimo no mes de xuño. É inadmisible que en todo este tempo non se nos convocase a unha comisión informativa nin se nos comunicase nada en absoluto, sequera de xeito informal, para abordar este asunto.

4.- Cremos que hai que priorizar os servizos básicos á veciñanza por riba de calquera outra obra. Por exemplo: instalación do saneamento e auga en Espiñaredo. Foi unha das propostas que levaban os socialistas no seu programa nas eleccións do 2007. Dende entón, en Espiñaredo agardan pola realización da obra. Estamos no 2017, a finais, e nada se sabe.

5.- Priorizar tamén a reparación das infraestructuras existentes e que se empregan a cotío por centos de persoas. Por exemplo: a reparación da cuberta do Polideportivo da Fraga. Cada día pasan por alí centos de veciños e veciñas para diversas actividades deportivas, cada fin de semana hai competicións con equipas procedentes de diferentes partes de Galicia. Hai pingueiras. Esas son as condicións que padecen as usuarias e é a imaxe que levan do noso concello.

6.- A OPYDE pecha o 31 de decembro. No pleno de novembro solicitamos que se crease un organismo que a supla, conformado por representantes dos diferentes ámbitos do concello (concello, grupos políticos, sindicatos, empresas, asociacións e entidades, centros educativos, etc). A resposta da alcaldesa en funcións foi clara: “rotundamente NON”; polo que deducimos que é o Concello o que vai asumir a labor que a OPYDE veu desempeñando nos últimos anos. Lembramos: xestión da autovía Ferrol-Vilalba, Polígono de Penapurreira e atracción e instalación das principais empresas dos polígonos. Dende o Concello, e se fosen responsables, empregarían o POS+ para dotar aos polígonos das infraestructuras e servizos necesarios para a atracción e fixación de empresas na nosa localidade. 

En resumo, son as súas obras. Algunhas son beneficiosas para a nosa localidade, como a reparación de estradas e o saneamento no rural, as melloras na Escola Infantil A Barosa ou a remodelación da Praza da Magdalena, obras que recibiron os nosos parabéns. Pero sexamos realistas, para fixar poboación no rural non abonda con amañar as pistas, é preciso crear unhas condicións de habitabilidade que animen á xente a vivir nel: melloras no sistema eléctrico, nas conexións a internet, no funcionamento da telefonía, na dotación de servizos básicos para a vida cotiá. De igual xeito na zona urbana. Estamos vendo, impotentes, cómo cada mes pecha un comercio, cómo cada mes saen ríos de xente moza para o estranxeiro. O determinante é que se xeren as condicións económicas e sociais para que a xente poida desenvolver na nosa localidade os seus proxectos de vida. E iso non se consegue con adoquíns. 

Neste enlace, consulta a totalidade dos proxectos.

En imaxes: proxectos da Praza da Magdalena, Rúa Narón, Rúa María Pita, Escola do Paraño, Escola Infantil A Barosa (que tamén inclúe o cambio de céspede e zona de xogos)

As Pontes, 20 de decembro de 2017

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique o enlace para maior información.

ACEPTAR
manmeds.top | 502: Bad gateway

Error 502 Ray ID: 3dfa076444837e21 • 2018-01-19 13:09:31 UTC

Bad gateway

You

Browser

Working
Detroit

Cloudflare

Working
manmeds.top

Host

Error

What happened?

The web server reported a bad gateway error.

What can I do?

Please try again in a few minutes.