Eva Solla, deputada de En Marea, denuncia as deficiencias do centro de saúde de As Pontes

Decembro 5, 2017 En Marea, Novas, Sanidade, Vídeos

A deputada de En Marea e Vicepresidenta Segunda do Parlamento de Galicia, visitaba o pasado 23 de novembro a vila de As Pontes para constatar o deterioro do centro de saúde e as deficiencias no seu funcionamento.

Froito da xuntanza con membros da plataforma veciñal Xunt@s por As Pontes, presentará numerosas iniciativas no Parlamento en relación con:

  • cobertura do persoal de baixa de xeito inmediato
  • incremento do persoal sanitario
  • arranxo da cuberta e reformas interiores do centro de saúde. Existe o “compromiso” da obra pero o certo é que no orzamento do 2018 non figura ningunha partida para As Pontes.

Tamén se interesou pola situación do centro de día, que cunha capacidade para 30 prazas, actualmente só está funcionando con 16.

 

As Pontes, 5 de decembro de 2017

*Imaxes cedidas por RTVEume, Concello de As Pontes

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique o enlace para maior información.

ACEPTAR