En Marea pregunta ao Goberno do Estado polas centrais térmicas galegas e os postos de traballo

Novembro 23, 2017 Centrais Térmicas, En Marea, Novas
photo_2017-11-11_13-56-56
O pasado 10 de novembro, a deputada e voceira de En Marea no Congreso,  Yolanda Díaz, achegouse ata As Pontes para render contas de todo o traballo que fai o grupo de En Marea no Congreso e no Senado.
Entre os temas que se abordaron, destacou a nova recentemente coñecida de solicitude de peche de centrais térmicas por parte de Iberdrola. Coincidindo ademáis, coa defensa no Parlamento Europeo por parte de José Blanco (PSOE) e Arias Cañete (PP) do tránsito necesario cara a novas formas de producción de enerxía máis sustentables e respectuosas co medio ambiente.

Inevitablemente, falamos da central térmica que temos na nosa vila. Da súa viabilidade a futuro e da necesidade de comezar XA cun plan alternativo de desenvolvemento desta conca mineira que promova e garantice a permanencia dos traballadores no noso municipio, que aposte polas novas formas de producción de enerxía, que sirva para a fixación de poboación. Todo en conexión co necesario desenvolvemento industrial de toda a comarca e os concellos da contorna.

A raíz desta xuntanza, a deputada de En Marea, Yolanda Díaz, rexistrou no Congreso unha batería de preguntas sobre as centrais térmicas galegas e os postos de traballo das mesmas.

Ten o Goberno información de que as compañías propietarias das centrais térmicas galegas pretendan solicitar a curto prazo o peche das mesmas?”, asegurou nas preguntas a deputada.

Ademais, En Marea pregunta se o Goberno está elaborando plans para facer fronte ao impacto económico e no emprego en Galicia “para cando haxa unha modificación nas súas centrais térmicas”.

Este grupo tamén quere coñecer se o Goberno velará polo interese e sostibilidade do emprego dos traballadores e traballadoras das centrais.

Que fixo o Goberno para garantir o mantemento do emprego e a sostibilidade medioambiental en Galicia?

En Marea fai estas preguntas ante a aposta da Unión Europea por unha descarbonización da economía e uns obxectivos de redución de emisións.

Neste contexto, Galicia situouse como a terceira comunidade autónoma con maiores emisións, con máis dun 10 por cento das emisións do total do Estado segundo os datos rexistrados polo Observatorio da Sostibilidade.

Ante esta situación, a transición enerxética e o cambio climático comezan a ocupar unha posición central na política e na sociedade galega, afectando á sostibilidade do modelo produtivo, dos postos de traballo e da economía galega en definitiva, por iso En Marea pide ao Goberno que actúe. 

Aquí podes consultar o documento. 

As Pontes, 23 de novembro de 2017

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique o enlace para maior información.

ACEPTAR