Expediente de crédito extraordinario aprobado no pleno de setembro, por valor de case 2,5 millóns de euros

Novembro 1, 2017 Novas, Pleno Municipal

Moitas de vós estades preguntando polo expediente de crédito extraordinario 1/2017 por valor de 2.472.655,65 euros que se aprobou no pleno do mes de setembro.

A partires do minuto 1:21:42 do vídeo, podedes consultar as intervencións completas de todos os grupos municipais presentes. Aquí podedes consultar o documento.

Pola nosa parte, abstivémonos en base aos seguintes motivos:

Dos case 2,5 millóns de euros, chámanos a atención que:

  • só o 10% se adique ao rural, a pesares de ser o noso o Concello de maior extensión da provincia;
  • se adiquen case 100 000 euros para incrementar o de por si ben dotado orzamento das festas, entre eles, 21 175 euros para o Mapping das Festas do Carme;
  • 400 000 para adquisición de chan industrial (despois de ter adquiridos numerosos terreos co recente Convenio firmado con Endesa);
  • 54 000 euros que se suman aos 483 000 que xa van gastados na pista de karts;
  • 26 000 euros que se suman aos 85 000 que se acaban de investir no parque municipal, etc.
  • 360 000 euros para adquisición de solares, entre eles, varias casas na Vila;
  • 12.227,65 euros para a compra da caseta de información da Festa dos Cogumelos;

Analizadas as partidas presentadas, concluímos que se trata de meras labores de mantemento, pero en realidade non se está investindo absolutamente nada no desenvolvemento do concello.

Na nosa opinión, e dado o extraordinario do uso do remanente, deberíase aproveitar para asegurar o benestar para os veciños e veciñas. Invertir en xustiza social, en políticas sociais, na creación de emprego, no fomento das iniciativas empresariais, na innovación, en frear a emigración e o despoboamento, no rural; en definitiva, en que a xente viva dignamente na súa terra sen verse obrigada a marchar.

Indicamos tamén que o informe de interveción informa desfavorablemente o crédito extraordinario.

Outros datos:

Remanente líquido de tesourería: 4.600.585,05 €

Importe utilizado en anteriores expedientes: 1.373.794,29 €

Importe utilizado neste expediente: 2.472.655,65 €

Sobrante: 754.135,11 €

 

As Pontes, 1 de novembro de 2017

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique o enlace para maior información.

ACEPTAR