Xunt@s por As Pontes súmase ás protestas contra a denominada “Lei de Depredación de Galicia”

Outubro 19, 2017 En Marea, Novas
lei depredación galicia
A manifestación será este domingo día 22 e partirá da Alameda de Santiago. 
A Lei de Depredación de Galicia permite facilidades para que as grandes empresas aniquilen o noso medio rural. 

Ante un feito grave e que está a pasar inadvertido pola opinión pública animámosvos a asistir este domingo 22 á manifestación contra a Lei de Depredación de Galicia.

E que é a Lei de Depredación de Galicia? O seu nome oficial é Lei de fomento da implantación de iniciativas empresariais, aprobouse este martes, 17 de outubro, no Parlamento de Galicia e é unha lei que facilita ás multinacionais a depredación do noso rural. En palabras de Antón Sánchez: “O texto é un TTIP de andar pola casa”.

Pola vía de urxencia, saltándose informes (Consello Consultivo…) esta lei modifica outras leis moi importantes para a xestión do territorio: Lei de Montes, Lei de Augas, Lei de Minería, Lei de Aproveitamento Eólico…, provocando en todas unha maior desregulación e facilidades para as grandes empresas.

Algúns dos efectos de esta lei son:

  • Desregulación de todos os ámbitos: mineiro, eólico, forestal…
  • Desprotección da poboación afectada, que vai ver moi limitado o seu dereito a alegar ou poder obxectar algo a calquera proxecto. 
  • Facilidades nas expropiacións forzosas
  • Recortes na capacidade dos Concellos para decidir ante grandes proxectos empresariais eludindo así os controis locais e dependendo da Xunta.
  • A Consellería Industria terá poder case absoluto sobre case todos os temas, sen necesidade de ter en conta consideración que outra consellería poida facer, nin Medio Ambiente, nin Medio Rural, nin Urbanismo. Os informes destes outros departamentos van ser preceptivos pero non van ser determinantes. O último criterio, o que vale, vai ser o da Consellería de Industria.

A manifestación sairá ás 12h da Alameda de Compostela

Aquí tedes o evento no Facebook: https://www.facebook.com/events/1968598870094767

Aquí máis información sobre os efectos da lei:  http://www.contraminaccion.org/depredacion/

E aquí o vídeo coa explicación de Antón Sánchez, quen se encarga de denunciar esta lei no Parlamento: https://www.youtube.com/watch?v=6mebrwTnhDw
As Pontes, 19 de outubro de 2017

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique o enlace para maior información.

ACEPTAR