Veciñas de As Pontes reclaman a apertura ao tráfico da Avda Castelao

Outubro 13, 2017 Novas
lago_aspontes

Xunt@s por As Pontes faise eco das queixas de numerosas veciñas e veciños en relación ao peche da Avenida Castelao. 

Esta estrada, vía principal de comunicación da vila, atópase pechada ao tráfico rodado a causa das obras de remodelación. O malestar veciñal trae causa do feito de que dende fai máis de 15 días o firme está rematado, non hai obreiros traballando e non se entende por qué non se abre a circulación.

Ás queixas dos habitantes e comercios da zona súmase o malestar dos veciños de As Pontes, pois esta é unha vía de comunicación principal vertebradora do tráfico rodado da vila, polo que o seu peche causa incomodidades a todas as usuarias.  

Dende esta plataforma, e dado que parece que as obras do firme están rematadas, propoñemos que se proceda á apertura ao tráfico da Avenida Castelao e se permita a normal circulación de vehículos; ao igual que se permitiu noutras rúas da vila que aínda están sen finalizar.

As Pontes, 14 de outubro de 2017

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique o enlace para maior información.

ACEPTAR