Xunt@s por As Pontes presentará dúas mocións no Pleno Ordinario de Setembro

lago_aspontes

A plataforma veciñal Xunt@s por As Pontes, a través do Grupo Municipal, ven de presentar dúas mocións para o seu debate e aprobación no Pleno Ordinario do mes de setembro, que se celebrará o vindeiro mércores día 13.

1.- MOCIÓN PARA A MELLORA DA ESTRADA PROVINCIAL DP-7003

A instancia veciñal, pedimos que a Deputación da Coruña arranxe a estrada DP-7003, que se atopa bordeando o Polígono dos Airíos.

Estimamos que é unha vía esencial para facilitar a comunicación da autovía AG-64 (que une Ferrol con Vilalba) co centro da vila de As Pontes.

O acceso a través do Polígono dos Airíos é a saída máis lóxica para enlazar coa autovía cara Vilalba e Madrid, tamén para ir ao aeroporto de Santiago por Momán.

Consulta aquí a MOCIÓN PARA A MELLORA DA ESTRADA PROVINCIAL DP-7003

 

2.- MOCIÓN PARA ESIXIR QUE O PAZO DE MEIRÁS SEXA DO POBO

Ao igual que outras moitas plataformas veciñais galegas, e da propia formación de En Marea no Parlamento e no Congreso, instamos a devolución ao Patrimonio público do Pazo de Meirás e a que sexa o Concello de Sada quen xestione o réxime de visitas.

É inadmisible que un Ben de Interese Cultural sirva para o enaltecemento e a exculpación da ditadura de Franco e das súas terribles consecuencias. Por iso instamos a que o Concello de As Pontes se sume á petición do Concello de Sada e da Deputación da Coruña. 

A razón democrática esixe que as vítimas obteñan memoria, xustiza, respecto, recoñecemento e reparación, e iso non terá lugar mentras non se poña fin ao espolio que significou a adquisición do pazo por medio da ameaza e da extorsión. Do mesmo xeito, tamén consideramos unha burla ao pobo galego e unha ignominia ás vítimas da barbarie franquista que un ben de interese cultural sexa xestionado pola Fundación Nacional Francisco Franco, fundación que glorifica a un dictador sanguinario sen ningún tipo de reparo.

Reclamamos tamén, en apoio ao Concello de Santiago, a recuperación de dúas estatuas do Mestre Mateo que formaban parte orixinariamente do Pórtico da Gloria e que están en mans da familia Franco dende 1961 sen que haxa documento de cesión, polo que deben devolverse ao patrimonio público de Santiago.

Consulta aquí a MOCIÓN PARA A INCORPORACIÓN DO PAZO DE MEIRÁS E AS ESCULTURAS DO MESTRE MATEO AO PATRIMONIO PÚBLICO E A SALVAGARDA DA MEMORIA HISTÓRICA

Ademáis das mocións, presentamos por rexistro dúas PREGUNTAS escritas para que sexan contestadas no Pleno polos concelleiros correspontes:

1.- Pregunta en relación coa situación educativa de As Pontes

2.- Pregunta ao Concelleiro Delegado Especial de Servizos, Medio Rural e Seguridade Cidadá, Antonio Castro, para que explique os feitos que se describen.

No Pleno tamén se procederá ao debate e aprobación, no seu caso, de varias subvencións nominativas a diferentes entidades locais.

As Pontes, 8 de setembro de 2017

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique o enlace para maior información.

ACEPTAR