Pleno Ordinario do mes de maio

Agosto 21, 2017 Mocións, Pleno Municipal, Vídeos
xuntos_aspontes

Cumprindo co noso compromiso de transparencia, compartimos o Pleno Ordinario do 3 de maio de 2017, no que se aprobou a derrogación do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana e a modificación puntual das Normas Subsidiarias do Concello de As Pontes respecto a:

  • usos de quinteiro pechado e bloque lineal,
  • Avenida da Habana nº 129-137,
  • rúa Juan Antonio Suanzes.

Xunt@s por As Pontes presentou unha moción en defensa da autonomía local e da posibilidade de remunicipalizar servizos públicos, que pode consultarse aquí. A moción resultou aprobada con un texto engadido do BNG, ainda que co voto en contra do PP.

O BNG presentou outra moción para instar á Xunta de Galicia a dotación de comedores escolares para todo o alumnado de ensino obrigatorio e educación infantil, que resultou aprobada por unanimidade.

No apartado das preguntas, pedimos explicacións sobre:

  • os novos contedores do lixo,
  • o convenio con Endesa, rotopala, pista de karts
  • obras dos xardíns municipais
  • reordenación do tráfico na rúa Viveiro
  • aparcamento dos vehículos do Concello
  • roubos e incendios no rural
  • praga da pataca
  • pedimos un estudio sobre a incidencia do cancro e as enfermidades dexenerativas no noso concello, que se nos negou.
  • solicitamos que se arranxe a zona recreativa do encoro da Ribeira

Consulta a ORDE DO DÍA aquí.

Parte I: puntos 1º a 8º da orde do día

Parte II: punto 9º da orde do día e mocións de Xunt@s por As Pontes e BNG. Inicio das preguntas do PP

Parte III: preguntas PP, Xunt@s por As Pontes

Parte IV: preguntas BNG

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique o enlace para maior información.

ACEPTAR