Participación das nosas representantes nas festas do Carme e a Fraga 2017

Xullo 14, 2017 Novas
festas carme 2017 portada

Hoxe comezan de xeito oficial as festas do Carme e A Fraga. Doce días de celebracións con actividades para tódolos gustos (ou case), tanto culturais coma deportivas.

Este ano contamos coa particularidade de que se ven condicionadas polo encerro no colexio Monte Caxado, que continúa ata o día 20. Xornada na que está prevista unha xuntanza co xefe territorial de educación, Indalecio Cabana. Polo tanto, seguiremos moi atentas a todas as novidades que se produzan e seguiremos apoiando a comunidade educativa local.

Volvendo ás festas, e coma ven sendo habitual, o Goberno local convidou á nosa Concelleira María Chao Martínez e mais ao noso Concelleiro Alberto Pellón García a compartir os actos oficiais co resto da corporación.

Fieis aos nosos principios, os Concelleiros participarán no exercicio do seu cargo nos actos institucionais de carácter civil, mais non nos relixiosos.  Sempre dende o absoluto respecto a todas as confesións relixiosas, cremos que a laicidade debe ser o principio reitor da acción ética no exercicio das funcións públicas e que debemos traballar a prol do desenvolvemento dun sistema aconfesional, procurando unha separación real entre a Igrexa e o Estado.

Xa a título particular, os nosos concelleiros e demais colaboradores disfrutarán das festas coma os demais veciños e veciñas, na medida das posibilidades e os gustos de cada un.

Boas festas!

As Pontes, 14 de xullo de 2017

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique o enlace para maior información.

ACEPTAR