Arquivos mensuais: Xuño 2017

Pleno Extraordinario de rexeitamento ao peche do CPI Monte Caxado

By | Novas | No Comments

Compartimos o Pleno Extraordinario Urxente de onte, no que por UNANIMIDADE de tódolos grupos políticos municipais, é dicir, de todo o pobo de As Pontes, se rexeitou a decisión unilateral da Xunta de Galicia de peche do CPI Monte Caxado.

A continuación, tamén se inclúen as imaxes da concentración que tivo lugar na Praza do Carme ás 13:15.

As Pontes, 24 de xuño de 2017

cartelxuntos

Dous anos Xunt@s

By | Novas, Palestras | No Comments

O tempo vai pasando e xa se cumpren os dous anos dende que chegamos a formar parte da corporación municipal.

Tal e como recolle o noso código ético, é hora de dar conta do traballo realizado e de someternos ao parecer das veciñas e veciños de As Pontes que viron en nós un novo xeito de facer política, unha alternativa ás políticas seguidas dende o goberno local. Leer máis

19420512_10209705130211671_1716046081953836284_n

Os grupos parlamentarios de En Marea, Psoe e Bng piden a comparecencia do Conselleiro de Educación

By | Educación, En Marea, Novas | No Comments

Os grupos parlamentarios de EN MAREA, PSOE e BNG solicitaron no día de onte e de forma conxunta, a comparecencia URXENTE no Pleno do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González.

O motivo: que explique o peche de centros educativos e a supresión de postos docentes e oferta educativa para o vindeiro curso.  Leer máis

17022165_1913804905515548_6014654374476879023_n

Pleno Ordinario do mes de marzo

By | Novas | No Comments

Seguindo o noso compromiso de transparencia adquirido coa veciñanza, publicamos o Pleno Ordinario do mes de marzo do 2017, no que se aprobou o orzamento do 2017 e varias mocións, entre elas a que presentamos nós para cobrar unha taxa ás eléctricas polo uso privativo que fan do dominio público.

O pleno, trascendeu nos medios de comunicación pola súa extensa duración, máis de 7 horas.

Leer máis

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pique o enlace para maior información.

ACEPTAR